31/12/2025
Escapoarate realizado e pintado a man por .
Neste escaparate quixemos entender o Nadal como unha época máxica, procedente na súa remota orixe da antiga celebración do nacemento do Sol.
Para aqueles habitantes da Terra que dependían da agricultura, o feito de que o Sol volvese “nacer”de novo, ampliando a súa presencia despois do seu declive outonal, era o sinal que se precisaba para ter esperanza en que os cultivos puidesen dar froitos novamente e se garantise así a supervivencia.
Podes pasar a ver o escaparate pola rúa Santiago de Guayaquil Nº 2 baixo, Esquina da rúa Horreo nº 49.
Grazas polo teu interese.
AGRANOLA GOURMET.
FILOSOFÍA E MATERIAIS EMPREGADOS
A filosofía deste escaparate, coma a doutros que se viñeron realizando ao longo do ano, foi a de reaproveitar
materiais xa existentes, transformándoos a través dunha ollada nova e ampliando con isto as súas
posibilidades de utilización.
En concreto, empregáronse principalmente: cartóns reciclados doutros usos, pintados a man con sprays
con efectos metalizados, e caixas tamén de cartón, revestidas con teas sobrantes doutros proxectos