15/10/2026
Párome a pensar en todo o camiño andado dende que comezamos este proxecto na aldea dos meus avós. E isto é todo o que aprendín neste tempo:
1️⃣ Nunca é tarde para comezar de novo.
Embarqueime nisto aos 40 anos, cambiando totalmente de vida. O medo ao fracaso e o vértigo estaban aí, pero dar o paso pagou a pena.
2️⃣ A xente responde cando hai verdade.
Tiñamos medo de non conectar, pero a resposta valorando as nosas tradicións e o noso día a día é incrible.
3️⃣ Confía no teu produto.
As dúbidas sobre se gustará ou non, son normais. A clave está en poñerlle corazón e calidade.
4️⃣ O camiño económico require paciencia.
Cuestionarse a viabilidade é natural e necesario, pero co traballo constante as ideas saen adiante.
5️⃣ O rural non illa, conecta.
Traballar dende aquí xeraba dúbidas, pero hoxe sei que foi a mellor decisión: isto non é só un traballo, é un proxecto de vida que nos enche por completo.
Grazas a cada persoa que nos acompaña neste camiño e fai posible que sigamos ! 🌊🌱