Carabuñas

Carabuñas Sabugueiro Gourmet / Saúco Gourmet
Produtos gourmet y eco derivados do sabugueiro / Productos gourmet derivados del saúco

Saúco Gourmet/ Sabugueiro Gourmet
Pomos o sabugueiro no prato e no vaso.

30/01/2025

🌿Xa temos gañadora do noso Choco Sorteo. A afortunada é Mar Tirados Aparicio Parabéns! Moi pronto nos poremos en contacto contigo para pedirche os datos e enviarche o teu🍫 chocoagasallo. Mil grazas a todas as persoas que participástedes.

💬🍫Se puideses inventar un bombón cun sabor galego, cal sería? Dende este intre tes a oportunidade de gañar un kit de 3 c...
23/01/2025

💬🍫Se puideses inventar un bombón cun sabor galego, cal sería? Dende este intre tes a oportunidade de gañar un kit de 3 caixas de bombóns Gosto con sabores 100% galegos:

🍷 Albariño
☕ Licor café
🌿 Licor de sabugueiro

💛 Se es amante do bo chocolate e dos sabores galegos, este sorteo é para ti.

📢 Como participar?

1️⃣ Síguenos
2️⃣ Dálle like a esta publicación ❤️
3️⃣ Responde a pregunta coa que comeza este post e etiqueta a dúas persoas que tamén desfrutarían dese novo sabor.

📅 Tes até o mércores 29/01/2025 ás 23:59h para participar. Sorteo válido para península e Portugal.

Moita sorte e que o chocolate sempre te acompañe! 🍫💫

Tres desexos para 2025... con sabor galego! 🌟🍴En Carabuñas, sabemos que os mellores desexos para o ano novo nacen ao red...
31/12/2024

Tres desexos para 2025... con sabor galego! 🌟🍴

En Carabuñas, sabemos que os mellores desexos para o ano novo nacen ao redor da mesa. Por iso, queremos compartir contigo os nosos 3 desexos culinarios para 2025, porque, se algo temos claro, é que co estómago cheo, os soños voan máis alto. 😉✨

1️⃣ Saúde con sabor:
Desexamos que 2025 estea cheo de saúde, da boa. 💪🩺 E que mellor maneira de aumentala que cun bo anaco de mozarella galega, chea de cremosidade e felicidade? 🧀😊 Cada anaco é un recordatorio de que a vida, como o queixo, mellora cando é local e feito con amor. 💚

2️⃣ Moita dozura:
Que nunca falten momentos doces no teu ano. 🍯🍫 Con marmeladas e bombóns de sabugueiro, cada torrada, cada sobremesa ou incluso un toque diferente na túa cociña será un recordo de que a natureza galega sempre nos regala o mellor. 🌿🍇 Porque, se a vida se volve amarga, xa sabemos quen ten a solución. 😉💖

3️⃣ Brindar e sorrir:
Non poderiamos deixar de desexar un ano cheo de brindes, sorrisos e boa compañía. 🥂😊 Un vasiño de viño ou licor galego é todo o que precisas para transformar calquera momento nunha festa. 🎉🍷 Iso si, con moderación, que queremos máis anos para seguir celebrando contigo! 🕺

💖Grazas por contar con nós un ano máis, feliz recta final de 2024 e feliz entrada no 2025 💃

O prometido é débeda; aquí algunhas das razóns polas que estamos especialmente agradecidos por todas as vosas compras pa...
26/12/2024

O prometido é débeda; aquí algunhas das razóns polas que estamos especialmente agradecidos por todas as vosas compras para estas festas. 🎁✨ Aquí a nosa carta de agradecemento a todas as persoas que, un ano máis, volvéstedes a contar con Carabuñas. Grazas de corazón! 💖

🙌 Grazas por apoiar proxectos e familias galegas: As túas eleccións sosteñen a pequenas productoras e produtores, artistas e a persoas emprendedoras que adican parte da súa vida a crear produtos con alma e raíces. 🌱💪

💶 Grazas por manter e axudar a fortalecer a nosa economía: Grazas a ti, os recursos quedan na nosa terra, impulsando o crecemento da nosa comunidade e xerando máis iniciativas e emprego local. 🌾🏡

🧀 Grazas por valorar o que nos dá a nosa terra: As túas eleccións apoian o artesanal, o feito con cariño, e recoñecen o esforzo detrás de cada queixo, licor, embutido ou doce galego que chega á túa mesa. 🍷🥓 Grazas!

🌍 Grazas por axudar a coidar do medio ambiente: Aínda que non sexamos unha tenda física, temos moito dela. 🛒🌿 Comprando na nosa web reduces o impacto ambiental. Como distribuímos decenas de marcas galegas, ao comprar na nosa web promoves cadeas de subministración máis curtas e sostibles e axudas a moitas marcas galegas dende un único espazo, reducindo os envíos. 🚚💨

🤗 Grazas pola comprensión: Somos un equipo pequeniño e, ás veces, non damos ido a toda a velocidade que nos gustaría. 🕒 A vosa comprensión e boas verbas son un bálsamo en momentos de acelere como pode ser unha campaña de Nadal. 🎄❤️

🥰 Grazas por apoiar e manter as nosas tradicións: Cada compra que realizas axuda a preservar os sabores únicos de Galicia, transmitidos de xeración en xeración por mans expertas que aman o que fan. 🌟🧑‍🍳

E sobre todo...
🎄 Grazas por confiar en nós.
Cada vez que escolles Carabuñas, escolles moito máis ca un produto: escolles historias, esforzo e tradición. 🧡 Grazas por formar parte deste movemento que aposta polo noso, polo auténtico, polo galego. 🌾

Desexámosche un Nadal cheo de sabores únicos e momentos inesquecibles. 🌟✨

🥂 Brindemos xuntos por un 2025 cheo de novas oportunidades para apoiar o local!

Despois de semaniñas de traballo chegou a hora de disfrutar das festas e sobre todo de agradecervos a cada persoa, todas...
24/12/2024

Despois de semaniñas de traballo chegou a hora de disfrutar das festas e sobre todo de agradecervos a cada persoa, todas as compras e agasallos para estas festas. Carabuñas sen os vosos pedidos, peticións e apoio non sería posible. É o que teñen as redes, que nos sostemos e axudamos entre nós.

Farei un post, máis polo miúdo, contando por que estou tan agradecido, pero iso para outro día. Hoxe deixádelle ao Apalpador un vasiño de licor e un anaquiño de queixo, para que non lle falte enerxía.

Grazas e feliz noite.

✨🎄 Cesta "Xoana Almar": Unha oda aos sabores galegos 🌾🧺Hai regalos que son sinxelos, pero quedan na memoria. A nosa cest...
19/12/2024

✨🎄 Cesta "Xoana Almar": Unha oda aos sabores galegos 🌾🧺

Hai regalos que son sinxelos, pero quedan na memoria. A nosa cesta "Xoana Almar" é moito máis ca unha selección de produtos: é un retrato da terra galega, un convite a saborear o auténtico.

Que atoparás nesta homenaxe á Galicia máis auténtica?
🦀 Paté de centola, o mar convertido en delicatessen.
🍫 Chocolate artesán, doce e intenso, como os mellores momentos.
🍓 Marmelada gourmet, co sabor das froitas máis frescas.
🍷 Viño D.O. Rías Baixas, un imprescindible para brindar con alma galega.
🌿 Licor de sabugueiro, a esencia floral que pon o toque final a esta experiencia.

Unha cesta que é moito máis ca un agasallo: é a unión da arte e a gastronomía galega, un detalle que celebra o noso talento e os nosos sabores.

Cada produto é unha peza única que fala de aldeas, obradoiros e mans que traballan co corazón. É Galicia feita sabor. É arte comestible. É enxebre e elegante, como a mesa de quen a recibe.

Regala Galicia. Regala "Xoana Almar". 🎁

https://carabunhas.com/producto/xoana-almar/

🍷🍫 Bombóns "Gosto de Chocolate e Viño Albariño": o capricho que non sabías que necesitabas… ata agora! 😏✨Que pasa cando ...
17/12/2024

🍷🍫 Bombóns "Gosto de Chocolate e Viño Albariño": o capricho que non sabías que necesitabas… ata agora! 😏✨

Que pasa cando o mellor chocolate se encontra co viño albariño galego? Pois que nace unha xoia que fai bailar o padal e alegrar o espírito. 🎶

Son pequenos, pero potentes. 💣
Chocolate e viño? Sí, son o "match perfecto". 💑
Probalos é namorarse... ¡e querer máis! 🥰
Perfectos para regalar... ou para quedar con todos. 😜

https://carabunhas.com/producto/bombons-de-licor-cafe-gosto-copia/

🧀✨ MOZA: mozzarella galega: o top ventas deste Nadal! 🎄Por que debes probala? Aquí van 5 razóns rápidas e sen discusión:...
16/12/2024

🧀✨ MOZA: mozzarella galega: o top ventas deste Nadal! 🎄

Por que debes probala? Aquí van 5 razóns rápidas e sen discusión:

1️⃣ 100% galega: Leite fresco da nosa terra, ¡como debe ser! 🐄
2️⃣ Textura cremosa: Suave e irresistible, derrete a calquera. 😍
3️⃣ Vale para todo: Pizzas, ensaladas ou ao natural. Ti mandas. 🍕🥗
4️⃣ Saborazo auténtico: Un bocado e xa estás de festa. 🎉
5️⃣ É éxito asegurado: Perfecta para compartir ou regalar. 🎁

Este Nadal, deixa que a MOZA sexa a estrela. E que aproveite! 🧀✨

https://carabunhas.com/producto/mozzarela-galega-1kg-aprox-moza-copia-2/

⚠️ Aviso: Abrir esta caixa pode provocar emocións intensas e moitas discusións sobre quen se queda coa mozzarella, porqu...
15/12/2024

⚠️ Aviso: Abrir esta caixa pode provocar emocións intensas e moitas discusións sobre quen se queda coa mozzarella, porque ¡todos queren un anaco da Moza! 😜🧀

Sabes que a xente sempre di "non fai falla que me traias nada"? Pois aquí tes a resposta perfecta:

🧀 Mozzarella galega, tan suave e cremosa que farás pizza ata para a avoa.
🦪 Mexillóns Tito, porque o mar de Galicia nunca falla na mesa.
🥖 Canapés Daveiga, a base perfecta para que presumas de aperitivo.
🌰 Castañas cocidas, tradición galega que alimenta a alma (e o padal).
🥩 Lombo Larouco, para os amantes da carne de verdade.
🍇 Marmelada de sabugueiro, tan especial coma quen reciba esta caixa.
👜 Bolsa de tea Moza, para levar Galicia contigo a onde queiras.
📦 E todo ben colocadiño na nosa caixa Gosto.

👉 Ideal para...
- A túa amiga "foodie", que vai flipar cos mexillóns e a marmelada.
- Ese compañeiro que sempre trae galletas industriais (agora vas ensinarlle o que é bo).
- Ti, que mereces un Nadal con sabor auténtico e de calidade.

📦 Encarga a túa Moza Carabunhas agora e fai que este Nadal sexa aínda máis galego! 💙

CAIZA MOZA Un detalle pensado para agradecer.Agradecer a boa compañía, as boas amizades e os anos compartidos.

⚠️ Aviso: Abrir esta cesta pode provocar abrazos espontáneos e máis de unha discusión por "quen queda co licor".🎁Present...
12/12/2024

⚠️ Aviso: Abrir esta cesta pode provocar abrazos espontáneos e máis de unha discusión por "quen queda co licor".

🎁Presentámosche o Lote Bido, unha cesta feita para conquistar corazóns (e estómagos)✨

🍷 Godello, perfecto para brindar coma bos galegos: con sentidiño e enchendo a copa.
🥂 Licor de sabugueiro, para darlle un toque exótico ao típico “unha pinga máis, por favor”.
🐚 Paté de centola, tan fino que ata a centola estaría orgullosa.
🥫 Conservas de primeira, porque en Galicia sabemos que o bo ven en lata.
🍫 Chocolate e turrón, o combo ideal para rematar calquera sobremesa con aplausos.
🌰 Castañas en almibre, un clásico que fai chorar de emoción ata ao máis duro da mesa.

👉 Para quen é esta cesta?
Para quen di “a min regálame algo útil” (porque útil é comer ben).
Para quen queres conquistar (e namorar polo estómago).
Para ti, que queres darte un capricho porque... ¡merecémolo!

📦 Pide o teu Lote Bido e reparte o sabor máis auténtico de Galicia! Porque o Nadal sabe mellor cando sabe a casa. 💙

⚠️ Aviso importante: Un bombón dos nosos pode provocar que a avoa baile muiñeiras antes do turrón.Por que regalar os nos...
10/12/2024

⚠️ Aviso importante: Un bombón dos nosos pode provocar que a avoa baile muiñeiras antes do turrón.

Por que regalar os nosos bombóns? Por se o primeiro aviso non che pareceu suficiente

👉 Porque son o único detalle que alegra ata ao cuñado máis intenso 😅
👉 Porque fan que calquer sobremesa sexa máis guai que a de MasterChef.
👉 Porque son galegos, coma ti, e máis ricos ca o pan quente.

🍫Este Nadal temos o agasallo perfecto para quedar como raíñas (ou reis): bombóns de chocolate con licor café galego! 🎁

🎄 Este Nadal, acompaña esa bufanda de lá que queres agasallar cunha caixiña de chocolate con sabor a casa, tradición e moito amor... en forma de bombón.

📦 Escolle os teus xa! Que voan máis rápido ca un tren cara a Santiago 🚄
https://carabunhas.com/producto/3-caixas-bombons-tres-sabores-albarino-licor-cafe-y-sabugueiro-gosto/

♥️Este ano non nos gaña ninguén a larpeir@s. Todo listo: a nosa MOZArella, os nosos bombóns de chocolate GOSTO, o noso l...
03/12/2024

♥️Este ano non nos gaña ninguén a larpeir@s. Todo listo: a nosa MOZArella, os nosos bombóns de chocolate GOSTO, o noso licorciño de Ourense, a marmelada de amorodos... Non vamos dar feito para combinalo todo 😂

Probaches todas as nosas delicias? A cal lle tes máis ganas? Cóntanos...

https://carabunhas.com/tenda/

Hoxe 🎁 traémosche 4 propostas para agasallar 🎄 este Nadal. Ante a dúbida sempre queda a opción de tarxeta agasallo, así ...
28/11/2024

Hoxe 🎁 traémosche 4 propostas para agasallar 🎄 este Nadal. Ante a dúbida sempre queda a opción de tarxeta agasallo, así asegúraste que teus larpeir@s de confianza escollen a larpeirada 🍬 que máis lles gusta.

Temos moitas máis opcións na nosa web, se tes dúbida, pregúntanos! Somos larpeir@s con moi bo gusto e sabemos recomendar moi ben. 💡 https://carabunhas.com/categoria-producto/caixas-regalo/

🎁🍫 4 razóns para agasallar bombóns de chocolate galego! 🍫🎁1️⃣ O chocolate galego non engorda... Os abrazos e os sorrisos...
26/11/2024

🎁🍫 4 razóns para agasallar bombóns de chocolate galego! 🍫🎁

1️⃣ O chocolate galego non engorda... Os abrazos e os sorrisos que provoca, sí! 😜

2️⃣ Quen precisa xoias? As mellores "pequenas delicias" xa veñen nunha caixa 💎 (e saben moito mellor!).

3️⃣ É o único agasallo que nunca colle pó. Desaparece nun abrir e pechar de ollos... ou de boca! 😋

4️⃣ Chocolate galego = saber e sabor. Tradición, calidade, e ese toque máxico que só temos aquí. 🌟

🍫💌 Este ano, regala chocolate con corazón galego. Faino por ti, por eles e... polos "catadores" de última hora. 😅
https://carabunhas.com/categoria-producto/bombons/

🎁 Este Nadal, agasalla sabores galegos! 🎁As nosas cestas son un triplo agasallo:✨ Fai feliz a quen as recibe cunha selec...
21/11/2024

🎁 Este Nadal, agasalla sabores galegos! 🎁

As nosas cestas son un triplo agasallo:
✨ Fai feliz a quen as recibe cunha selección de produtos deliciosos.
✨ Fai feliz aos produtores e produtoras galegas que poñen alma no que fan.
✨ E faite feliz tamén ti, por apoiar o comercio local e levar o mellor de Galicia á casa de quen aprecias.

Porque non hai mellor xeito de compartir a ilusión do Nadal que con produtos cheos de tradición e sabor. ❤️

Escolle a túa cesta, e nós encargámonos de todo! 📦🌟 https://carabunhas.com/categoria-producto/caixas-regalo/

👉

✨ Botámosche unha man este Nadal? Aquí estamos! ✨Sabemos que estas datas veñen cargadiñas de cousas por facer  e entre e...
19/11/2024

✨ Botámosche unha man este Nadal? Aquí estamos! ✨

Sabemos que estas datas veñen cargadiñas de cousas por facer e entre eles ter novidades nas estanterías para poder ofrecerlle a túa clientela🎄. Por iso, queremos porcho máis fácil!

📌 Temos unha plataforma cunha selección de máis de 250 referencias de produtos galegos 🌾. Escolle o que queiras, recíbeo todo centralizado nun só pedido 📦 e enche a túa tenda con novidades perfectas para a campaña de Nadal! 🎁 Produtos con historia, sabor e calidade da nosa terra 🥖🍷.

Prefires que te chamemos? Escríbenos por DM e contactamos contigo 📞. Ou se o tes claro, fai clic neste enlace directo á plataforma: https://b2b.carabunhas.com/mina-conta/

🎅 Este Nadal, aposta polo galego.

🐄 Coñeces Moza? Moza é a nosa mozarella galega. Unha mozarella auténtica e con alma GALEGA. Está feita con leite das nos...
14/11/2024

🐄 Coñeces Moza? Moza é a nosa mozarella galega. Unha mozarella auténtica e con alma GALEGA. Está feita con leite das nosas 🐄 que pacen libremente. Moza ten esa textura cremosa 🧀 e esa elasticidade que engaiola (ben coñecida por todas e todos os amantes do queixo💛🧀).

Sexa nunha pizza 🍕, nunha ensalada 🥗, ou simplemente á prancha 🔥, cada anaco che transporta aos verdes prados de Galicia.

Proba esta delicia e prepárate para flipar cunha mozzarella que sabe a tradición e a bo facer. Unha vez que a probes, vas querer usala en case todos os pratos, xa nos contarás!😅

😍Está dispoñible na nosa web en 2 tamaños. https://carabunhas.com/producto/mozzarela-galega-1kg-aprox-moza-copia-2/

Dirección

Lugar De Sanguñedo S/n Vilar De Santos, Vilar De Santos
Ourense
32650

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Carabuñas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Videos

Compartir

Saúco/sabuguerio para comer y beber

Saúco Gourmet/ Sabugueiro Gourmet La flor y la baya del saúco ECO llevada a la mesa en forma de produtos de calidad certificados Flor e baga de sabugueiro levado á mesa en forma de produto de calidade certificados