27/10/2026
🍲 🐷 O Goberno local convoca aos hostaleiros e produtores para preparar o XXIX Mes do Cocido e a 59ª Feira do Cocido de Lalín
Unha convocatoria para todo o sector hostaleiro e produtores locais (panadería, embutidos e outros produtos gastronómicos) nunha reunión de traballo clave para avanzar na organización das citas fundamentais do Cocido.
🗓️ Cita para o vindeiro luns, 2 de novembro, ás 17:30 h.
📍 Na Sala de prensa da Casa Consistorial.
⏳ A concelleira de Turismo, Begoña Blanco, salienta que este ano é fundamental adiantar os preparativos, xa que a 59ª Feira do Cocido celebrarase o domingo 31 de xaneiro de 2027, unha data máis temperá do habitual.
O encontro servirá para recoller propostas, resolver dúbidas organizativas, coordinar a participación dos establecementos e garantir que a nosa Festa de Interese Turístico Internacional volte ser un éxito rotundo.